jueves, 27 de octubre de 2011

Proba 6

Proba 6: Enerxía solar. Entra na plataforma Moodle. A chave daracha a profe.

lunes, 24 de octubre de 2011

Proba : Enerxía solar. Mira a seguinte animación Flash para a enerxía solar. Entra en Campus Chamilo e fai as actividades correspondentes. Busca o curso Enerxía solar.

martes, 18 de octubre de 2011

Recollida do Premio

Onte recollemos o noso 2º Premio no Festival de Cine de Ourense.
Saímos en prensa:
-"Premio cinematográfico para o IES Illa de Arousa" La Voz de Galicia
- "La generación digital revela su creatividad audiovisual" La Región
- "Gala Ouff Escola"Páxina oficial do Festival de Cine de Ourense

Falan de nos en blogues, etc
"...A curta premiada, titulada “O xefe Seattle, salvaxe?” competía con outras 40 curtas chegadas de institutos de toda Galicia"
"... Así pois, paga a pena visualizar esta curta, tanto pola súa mensaxe de valor incalculable, como polo xenial traballo destes rapaces."
"Os rapaces do IES Illa de Arousa gañan o 2º premio de curtas" Blog Augamorta

jueves, 13 de octubre de 2011

Recollida do premio o luns

Data: Luns 17 de Outubro
8:00- Sairá un autobús dende o Instituto ás 8:00, ás 8:10 pasaremos polo Concello a recoller ás persoas que vivades por alí e nos imos para Ourense.
10:45- Rolda de Prensa no Auditorio de Ourense
11:30- Proxección das curtas
13:00- remate
Despois da recollida do Premio acordamos que iamos ir comer comida italiana (supoño que a todos vos gusta a comida italiana, xa mo confirmastes a maioría) e despois paseíto por Ourense: Zona Vella de Ourense e a Chavasqueira. Levade si queredes o bañador.
As 18:00 voltamos para a Illa chegaremos aproximadamente ás 20horas.
Persoas confirmadas: 28
O Xurado nos concedeu o 2º premio
Recordade que como premio dannos 400 euros e diploma.
Despois de falar coa maioría decidimos repartir os cartos da seguinte forma:
Autobús con Núñez Barros: 324 euros (O que me dixestes, o de Alfonsín non tiña buses porque os utilizan todos para o transporte escolar)
Comida (28 persoas): todavía non teño presuposto, estou neso.
O instituto poderá pagar parte do autobús.
Si tedes algunha outra proposta por favor escribídea como comentario a esta entrada.

POR FAVOR IMPORTANTE: Traede a autorización, sin ela non podedes ir así que por favor non vos olvidedes dela
https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?hl=es&pli=1&formkey=dGpJYl9pWC1FZW9qTHc2aDZKeTNSYWc6MQ#gid=0

martes, 11 de octubre de 2011

Probas 1-5

Proba 1: Enerxía eólica
Proba 2: Enerxía mareomotriz
Proba 3: Forno solar
Proba 4: Vehículos solares
Proba 5: Infografía sobre Enerxía Eólica Antes de facelo rexístrate en Campus Chamilo.

sábado, 8 de octubre de 2011

PREMIO

Eu o Luns 10 de outubro estarei no instituto de 12 a 20:30 a ver si puiderades pasar por alí, ou chamar.
Tería que chamar aos vosos titores para ver si vos justifican a falta, por eso preciso os seus datos.
O luns tamén teño que chamar a Ourense para decirlles máis ou menos cántos imos ser.
Recordade que é o luns 17. Van dar unha rolda de prensa!!
Enviade esto ao tuenti porfa para que saibades que estou todo o luns no instituto.
Somos os mellores!!!

viernes, 7 de octubre de 2011

GAÑAMOS O 2º PREMIO

Bueno, que emocionada que estou!!!!1
Acábanme de chamar do Festival de Cine de Ourense porque gañamos o 2º premio!!!
Case non o podo crer!!!!
Dinme que o Luns 17 de outubro de 10:45 a 13 horas teríamos que estar en Ourense para recollelo diploma e o premio.
Preciso saber si podedes acompañarme!!! Avisádeme porfa no correo electrónico ou chamádeme por teléfono ao instituto para decirme si podedes vir e ver si podemos ir nun autobús!!!
Que ilusión tan grande me fixo!!
A nosa maravillosa curta: Xefe Seattle: salvaxe?

jueves, 6 de octubre de 2011