sábado, 24 de septiembre de 2011

Hoxe sábado ás 17h no Regueiro

Partidos políticos, as asociacións de mexiloeiros e empresarios, a Cofradía e a Asociación de Nais e Pais do colexio Torre amosaron o seu apoio ás reivindicacións do IES.
O único que pedimos é medio profesor e 3 segundos da ESO.
Asamblea hoxe sábado 24 de setembro ás 17 horas
Lugar: Praza do Regueiro
Alí estaremos.

lunes, 19 de septiembre de 2011

A nosa curta!!

O xefe Seattle: salvaxe? from Ouff on Vimeo.


Por fin xa está a nosa curta no Festival Internacional de Cine de Ourense:
O título da nosa curta: "O xefe Seattle:salvaxe?"
Houbo 41 curtas participantes e, a parte do premio que xa vos comentei, haberá un Premio do Público.
A obra gañadora será a que teña maior número de LIKEs (gústame). O sistema de votación estará aberto dende o 14 de setembro ata o 05 de outubro de 2011.
Así que votade!!!
-Para votar facemos tic no corazón LIKE (gústame)
-Se xa somos usuarios de VIMEO só teremos que loguearnos (identificarnos) pulsando "LOGIN" se non somos usuarios de Vimeo hai que rexistrarse.
A calidade do vídeo non quedou moi ben en vimeo. O formato avi que teño é de moita mellor calidade pero colgaron outro formato.
O son quedou moi ben e eso é moi importante para os que avalían estas curtas.
A ver si gañamos!!

lunes, 5 de septiembre de 2011

Exame de recuperación de setembro

Data: luns 5 de setembro
Hora: 13:15
Lugar: Taller de Tecnoloxía