viernes, 18 de diciembre de 2009

Exercicio 14

GOOGLE MAPS
Planifica unha viaxe polo país que queiras. Entre duas cidades.
Fai unha captura de pantalla(tecla Impr Pant) do mapa, da imaxe vía satélite, e do mapa de relieve.
Completa.
Desde:
Destino:
Indicacións:

viernes, 11 de diciembre de 2009

Exercicios 12-13

Exercicio 12: Fai un calendario co programa Publisher
Exercicio 13: Fai unha felicitación de ano novo co Publisher

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Exercicio 22

Fai a Exercicio 22:
Hai que sabelo todo e TODO significa TODO. As unidades 1,2,3 e 4.
Cada unidade ten unha folla de avaliación que deberás facer.
Trátase dun repaso.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Exercicios 8-11

Exercicio 8: Excell
Exercicio 9: Excell
Exercicio 10: envía por correo electrónico unha factura. Tes só 10 minutos para facelo. (5 puntos)
Exercicio 11: fai unha factura en excell

jueves, 26 de noviembre de 2009

Exercicios 5-9

Exercicio 5: Faino en menos de 20 segundos
Exercicio 6: Faino en menos de 20 segundos
Exercicio 7: Contesta correctamente ás 10 preguntas
Exercicio 8: Supera o 5º nivel.

Exercicio 4

Se na Terra escupes un óso de cereixa a 3 metros, a que distancia o poderías conseguir na Lúa?
Na Lúa unha vacaloura voa seis veces mellor que na Terra, Verdadeiro ou Falso?
Escribe como comentario a esta entrada as tuas respostas.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Exercicio 18-21

Moi fácil.
Accede ó seguinte enlace Exercicios 18-21 despois accede a ENTRETENIMIENTO e fai as diferentes probas.
Exercicio 18: Buscar dobles (hai que conseguilo con menos de 15 intentos)
Exercicio 19: Puzzle 1
Exercicio 20: Puzzle 2
Exercicio 21: Choiva de símbolos (8 puntos como mínimo)
Avisa á profe cando a cabes cada proba para que cho puntúe.
5 puntos cada proba.
Recorda que esto é un repaso de electricidade e que todo tería que estar asimilado xa dende o ano pasado.

Exercicios 14-17

Exercicio 14:
Hai que facelo en menos de 20 segundos. Avisa á profe cando o consigas. Son 5 puntos.
Exercicio 15:
Igual que o anterior
Exercicio 16:
Hai que responder de forma correcta ás 10 preguntas. Son 5 puntos
Exercicio 17:
Chega ó maior nivel posible. Como mínimos tes que chegar ó nivel 5.
Son 5 puntos.

Exercicio 13

Mira os comentarios a este vídeo deste blog
Un novo uso dunha tecnoloxía xa coñecida (como é neste caso os raios X) plantean unha polémica.
Fai un comentario respondendo a estas preguntas:
Poden as autoridades someternos a calquer tipo de exploración baixo a excusa da seguridade?

jueves, 19 de noviembre de 2009

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Consume ata morrer


Viches o anuncio de BMW "¿Te gusta conducir?" Pois aquí tes unha versión igual, aínda que non é o mesmo.

jueves, 12 de noviembre de 2009

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Exercicio 12

Mira esta curta e fai un comentario.

Mira a 2ª parte
Esta curta é do guionista da película "El Orfanato", gañador dun Goya.
Pon a tua puntuación de 0 a 10:
Fotografía:
Guión:
Actores:
Duración:

Exercicio 11

Fai un power point cas imaxes e o texto do exercicio 7.
Cando o teñas pégao na carpeta Profesor que está no escritorio.

viernes, 6 de noviembre de 2009

Vídeos cambio climático


O vídeo do oso polar máis votado polos alumnos de 2º B.


O vídeo tivo unha puntuación de 9.2

martes, 3 de noviembre de 2009

Exercicio 3

Fai o teu horario.

viernes, 30 de octubre de 2009

jueves, 29 de octubre de 2009

Exercicio 2

Práctica Word.
Maquetar un texto.
Apuntes de informática.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Exercicio 10


Contesta ás preguntas.
1. Como se chama o inventor do teléfono móbil?
2. Ónde se fixo a primeira chamada por móbil?
3. En que ano se fixo?

Exercicio 9: Gaña o Premio Príncipe de Asturias 2009


O inventor do correo electrónico.
Contesta ás seguintes preguntas:
1. Quen inventou o correo electrónico?
2. Fai cántos anos se inventou o correo electrónico?
3. Que nacionalidade ten?
4. Cal é a sua profesión?
5. Cal foi a primeira mensaxe de correo electrónico que se enviou?
6. Quen inventou a arroba?
7. Quenes gañaron o Premio Príncipe de Asturias de de Investigación Científica este ano?
8. Cantos correos electrónicos se mandan cada segundo no mundo? Pregunta con trampa
9. Fíxose rico co seu invento?

miércoles, 21 de octubre de 2009

Exercicios 6-8

Exercicio 6:Chega ó 5º nivel. 5 puntos
Exercicio 7: envía unha relación de 5 inventos dende o teu punto de vista absurdos.Fala un pouco do invento e envía unha imaxe. Documento de word. 5 puntos.
Exercicio 8: faino en menos de 20 segundos. 5 puntos.

Exercicio 5

Click here for full screen version

Faino en menos de 120 segundos. 5 puntos.

Inventores


Bell foi o inventor do teléfono. Do fixo claro.

Exercicio 4

Busca definicións sobre os seguintes conceptos cinematográficos. Escríbeo nun documento de word. Pon unha imaxe de cada tipo de plano.
Plano cinematográfico.
Plano detalle
Primeiro plano
Plano medio corto
Plano medio
Plano largo
Plano americano
Plano enteiro
Cámara normal
Cámara en picado
Cámara en contrapicado
Cámara supina
Cámara cenital
Envía como imaxe ó correo da profe unha claqueta.(10 puntos)
Envía todo como exercicio 4.
Enviarás 2 documentos adxuntos.Un se chamará Exercicio 4 e a imaxe se chamará Imaxe exercicio 4.

viernes, 16 de octubre de 2009

Exercicios 4-7

Exercicio 4: Faino en menos de 20 segundos. 5 puntos.
Exercicio 5: Hai que superar o 5º nivel. 5 puntos.
Exercicio 6: Faino en menos de 15 segundos. 5 puntos
Exercicio 7:: Faino en menos de 60 segundos. 5 puntos.

Exercicio 3

Click here for full screen version

Faino en menos de 20 segundos. Son 5 puntos.

jueves, 15 de octubre de 2009

Exercicio 1


Fai unha portada para a materia de Tecnoloxía.
Faina con wordart en Word.
Ten que poñer: Materia, nome e apelidos, grupo.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Exercicio 3

Fai unha táboa cos seguintes datos (nome, inventor, ano, frase) referidos a 10 inventos tecnolóxicos. Faino en word.
Envíallo á profe.

viernes, 9 de octubre de 2009

Bolsas de plástico




Fai un comentario.Exercicio 2.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Exercicio 2


Robot humanoide ideado por Honda
Chámase Asimo
É o resultado de 21 anos de investigación.
1 metro 30 cm de altura
54 Kg
Pode andar, correr, subir e baixar escaleiras, ata bailar...
Un exemplo do que podemos chegar a facer coa Tecnoloxía
Fai un comentario

viernes, 2 de octubre de 2009

Exercicio 1

Fai unha base de datos en Excell coa música que che gusta.
Sombrea as celdas con cores discretiñas por favor.
Son 10 puntos
20 cancións coa seguinte información:

Título canción, Cantante, Album, Ano, Duración
Canto remates envíallo ó correo da profe, pon en asunto: Exercicio 1
Exercicio 1 extra: si che sobra tempo fai unha pequna base de datos con 5 películas que viras. Título, Director, País, Actores. Envíao e pon en asunto Proba 1 extra.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Exercicio 1

REPASO WORD
Fai un traballo sobre un inventor en primeira persoa e en galego.
Condicións:
Portada + índice + 4 páxinas de traballo
con 5 imaxes
letra Berlin sans FB 12
Encabezado: Traballo de Tecnoloxía
Pe de páxina: Nome e apelidos e o número de páxina
Apartados do traballo: 1. Biografía (ano de nacemento e morte, pais de nacemento, profesión) 2.Outros datos de interese da miña vida 3. Inventos. 4. Invento máis importante
4º PDC
Eloy: Edison
Catia: Martin Cooper
Victoria: Galileo Galilei
Laura: Marie Curie
Diego Allo: Chistopher Cockerell
Daniel: Graham Bell
Diego Lojo: Nicholas Cugnot
David: John Logie Baird
4ºA
Rebeca: Thomas Adams
Lorena: Degri Armati
María: Marconi
Noelia: Gillette
Rita: Levi Strauss
Jennifer Fernández: Steven Paul Jobs
Estela: Bette Nesmith Graham
Laura: Christopher Sholes
Alba: Hans Lippershey
Jennifer Pouso: Alfred Nobel
Mayte: Emile Berliner
Ana: Humberto Fernández Morán
Miguel: Alessandro Volta
Envíallo á profe pon en asunto: Exercicio 1 e gárdao como exercicio 1.
Tempo para facelo: 3 clases

miércoles, 24 de junio de 2009

As profes de Tecnoloxía asinamos esta carta xunto con outras 17 compañeiras e compañeiros do IES Illa de Arousa.

"Durante estes días, a Consellaría de Educación veu de repartir, nos centros de ensino galego, un enquisa dirixida a pais e nais na que estas son preguntadas sobre a lingua na que queren que os seus fillos e fillas sexan educados. A Consellaría pretende utilizar esta consulta para decidir a súa política educativa en cuestión lingüística para os próximos anos.

Moitas son as cousas que sentimos perante este feito, as persoas que asinamos este escrito:

Sentímonos inquedas como integrantes da comunidade educativa da Illa de Arousa, pois nela nunca houbo problema de convivencia por causa das linguas que usamos. E sentimos a preocupación de que esta enquisa busque o abrollo da lingua como muro e non como ponte de comunicación, cultura e imaxinación.

Sentímonos desprezadas como profesoras, pois nós, parte integrante da comunidade educativa, non temos dereito a opinar sobre un tema que atinxe directamente ao noso traballo.

Sentímonos insultadas como profesionais, pois as enquisa enviada ás familias non se sostén pedagóxica, estatística, sociolingüística nin legalmente. Por suposto, non hai nada nin ninguén que garanta a limpeza do proceso iniciado.

Sentímonos avergoñadas, pois fomos utilizadas pola Consellaría que, facendo chegar ás familias a enquisa a través do noso centro, pretendeu darlle unha lexitimidade que a súa disposición falsa e tendenciosa lle nega.

Sentímonos improdutivas como traballadoras, pois esta enquisa bota por terra todo o labor de consenso levado a cabo no noso centro para sacar adiante o Plan Lingüístico de Centro.

Sentímonos ofendidas, ao comprobarmos que quixeron servirse das persoas que integran o noso equipo directivo para vixiar e denunciar ás propias compañeiras de traballo.

Sentimos que é rebaixado o noso alumnado, pois tampouco se lle permite opinar sobre un tema que afecta ao seu futuro.

Sentimos que son menosprezadas as familias do noso contorno, pois foinos prohibido informalas de todo canto implica esta enquisa, colocando como escusa a posíbel manipulación, como se pais e nais fixeran cegamente aquilo que o profesorado ordena, sen capacidade propia de decisión.

Sentímonos desautorizadas como integrantes do Consello Escolar, órgano lexítimo que representa a toda a comunidade escolar da Illa de Arousa, e ao que tampouco se lle deu opción a opinar sobre este asunto.

Sentimos carraxe as persoas castelán-falantes e as que estamos a iniciarnos no uso do galego, porque se pretende impedir que melloremos no uso dunha lingua que queremos aprender. Nós queremos ser bilingües.

Sentimos unha dor virulenta as persoas galego-falantes, pois dáse a entender que a lingua que nós usamos é inútil e dunha importancia inferior á castelá.

Mais tamén sentimos outras cousas.

Sentímonos contentas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria da nosa comunidade, de facelo crecer aprendendo en pé de igualdade galego e castelán, evitando que lles aconteza o que a moitas de nós, que pertencemos a unha xeración que non tivo a oportunidade de aprender nunha escola en galego nin o galego na escola.

Sentímonos orgullosas de traballar todos os días para que o plurilingüismo sexa considerado unha fortuna e non un atranco, por facer ver que as linguas sempre suman e que o único que resta son as actitudes antidemocráticas, manipuladoras, segregadoras e exclusivista".

martes, 16 de junio de 2009

Concurso Presume do Salnés


Bueno, non gañamos pero polo menos participamos. Outra vez será!!
Os gañadores foron o IES Francisco Asorey de Cambados, a verdade é que o vídeo está moi ben, accede ó enlace para velo.

viernes, 12 de junio de 2009


Chiste de El Roto. El Pais. 11.06.2009
Para que non se prolongue a vida útil das centrais nucleares en España.
A central nuclear de Garoña en Burgos "caduca" en xuño e todavía non se sabe si a van pechar ou non.

jueves, 11 de junio de 2009

Exames


3ºA: 17 de xuño
3ºB: 15 de xuño
3ºPDC: 16 de xuño
4ºA: 18 de xuño
4ºPDC: 18 de xuño
Entrega de proxectos a semana do 15 ó 19 de xuño.
O taller estará aberto nos recreos para que acabedes os proxectos.

Exercicio 7


Robot humanoide ideado por Honda
Chámase Asimo
É o resultado de 21 anos de investigación.
1 metro 30 cm de altura
54 Kg
Pode andar, correr, subir e baixar escaleiras, ata bailar...
Un exemplo do que podemos chegar a facer coa Tecnoloxía
Fai un comentario

jueves, 4 de junio de 2009

Concurso Presume de Salnés


Participamos no concurso da Mancomunidade do Salnés "Presume de Salnés", entra no enlace e mira os nosos vídeos.
Vai a "Vídeos en concurso" e despois a "Centros Educativos"

martes, 2 de junio de 2009

Probas 5-8


Fai as seguintes probas repaso de electricidade. Avisa á profe cando as acabes.
Proba 5
Proba 6
Proba 7
Proba 8

Proba 4

Pensa nun negocio e prepara unha folla de cálculo cos gastos anuais que terías.

A1 pon o nome do teu negocio

Gastos: alquiler, luz, auga, teléfono e internet, salarios

viernes, 29 de mayo de 2009


Buceadores de Greenpeace despregaron onte unha pancarta baixo unha batea de mexilóns ca mensaxe "pechado por cambio climático" no Grove, na bocana da Ría de Arousa.
A organización ecoloxista sinala ó sector mexilloeiro como unha das vítimas dos efectos do cambio climático en España e pide compromisos políticos para frenalo.

Proba 3

Fai unha portada para a 3ª avaliación.
Envíalla á profe pon en asunto: Proba 3

Proba 2

Creea unha folla de cálculo para unha tenda de roupa.

jueves, 14 de mayo de 2009

Exercicios 4-6 Pneumática

Pneumática
Exercicio 4: Identifica os compoñentes. Tes que ter un 100%
Exercicio 5: Completa o texto. Tes que ter un 100%
Exercicio 6: Fai o boletín que a profe che enviou o teu correo electrónico. Mira a seguinte presentación en pdf para facelo.

Twins Vídeo

Instalar Twins Vídeo
Para cambiar de 3GP a MPG

martes, 12 de mayo de 2009

Cambiar os vídeos de formato

Instalar Free Vídeo Converter
O Movie Maker admite vídeos en formato MPG así que si os tes en outro formato pásaos a MPG co programa Free Vídeo Converter.

viernes, 8 de mayo de 2009

viernes, 24 de abril de 2009

Exercicio 3


Fai unha captura de pantalla dos seguintes tipos de planos no trailer da película coreana "Hierro 3" do director Kim Ki-duk.
1 Plano detalle
1 Primeiro plano
1 Plano medio corto
1 Plano medio-largo
1 Plano americano
1 Plano enteiro
3 planos coa Cámara normal
2 planos coa Cámara en picado
1 plano coa Cámara en contrapicado
Envíao nun documento de word e pon en asunto "Exercicio 3"

Exercicio 2


Mira o trailer da película "La clase" e fai unha captura de pantalla dos seguintes tipos de plano.
Pégaos nun documento de word.
1 plano detalle
1 primeiro plano
4 planos medio curtos
1 plano americano
1 plano enteiro
Cal é o plano máis repetido neste trailer?
Soen estar as cámaras fixas ou en movemento?
Envíao todo nun documento de word denominado "Exercicio 2" e adxúntao, pon en asunto "Exercicio 2"
E adxunta tamén en formato JPG a captura de pantalla do plano que máis che gustou. Ponlle de nome "Plano exercicio 2"

lunes, 20 de abril de 2009

Enquisa sobre os transxénicos no País

No periódico El País están a facer unha enquisa sobre os transxénicos. Participa e vota neste enlace.

miércoles, 15 de abril de 2009

Exposición Transxénicos de Greenpeace

Directamente dende a sede de Greenpeace en Madrid chegou ó noso instituto esta exposición sobre transxénicos.

"Ameazan a nosa saúde, teñen efectos ambientais negativos e agravan os problemas de acceso á alimentación. Estes son, segundo Greenpeace, algúns dos perigos que agochan os transxénicos"
“En España cultívase millo transxénico e impórtase millo e solla, ao tempo que non hai que esquecer os pensos que consumen moitos animais e que están elaborados con transxénicos”
Para saber que alimentos conteñen transxénicos accede á "Guía vermella e verde" de Greenpeace
Para ter mais información
Documentais sobre Transxénicos
Plataforma Galega Antitransxénicos

Proba 1: Excell 1


Fai unha base de datos en Excell coa música que che gusta.
Sombrea as celdas con cores discretiñas por favor.
Son 10 puntos


20 cancións coa seguinte información:
Título canción, Cantante, Album, Ano, Duración
Canto remates envíallo ó correo da profe, pon en asunto: Proba 1.
Proba 1 extra: si che sobra tempo fai unha pequna base de datos con 5 películas que viras. Título, Director, País, Actores. Envíao e pon en asunto Proba 1 extra.

martes, 14 de abril de 2009

Exercicio 1: Curtametraxe


Busca definicións sobre os seguintes conceptos cinematográficos. Escríbeo nun documento de word. Pon unha imaxe de cada tipo de plano.
Plano cinematográfico.
Plano detalle
Primeiro plano
Plano medio corto
Plano medio
Plano largo
Plano americano
Plano enteiro
Cámara normal
Cámara en picado
Cámara en contrapicado
Cámara supina
Cámara cenital
Envía como imaxe ó correo da profe unha claqueta.
Tedes duas clases para facer este exercicio. (10 puntos)

jueves, 2 de abril de 2009

Notas Tecnoloxía 2ª avaliación

Os porcentaxes de aprobados nesta segunda avaliación son:
3ºA: % aprobados
3ºB: % aprobados
3ºPDC: % aprobados
4ºA: 100% aprobados
4ºPDC: 100% aprobados

martes, 24 de marzo de 2009

Salvar o planeta


340 activistas de Greenpeace foron arrestados
por pedir pacíficamente
que a Unión Europea
destine fondos para loitar contra o cambio climático.
Fan o que se denomina resistencia pacífica.
Nunca opoñen resistencia.
Bruselas, Marzo de 2009.
Outra forma de loitar contra o cambio climático.

Exames e entrega de proxectos

EXAMES
3ºA: mércores 25 de marzo a 1ª hora
3ºB: luns 23 de marzo a 5ª hora
3ºPDC: martes 24 de marzo a 1ª hora
4º A: Xoves 26 de marzo a 2ª hora
4º PDC: Xoves 26 de marzo a 3ª hora


NOTAS DOS PROXECTOS
3ºA: 25 de marzo a 2ª h
3ºB: 23 de marzo a 6ª h
3º PDC: 24 de marzo a 2ª h
Recordade que recollo os proxectos fora de plazo pero así puntua a metade: 50 puntos.

viernes, 13 de marzo de 2009

Como se fabrica a cocaína


No vídeo poderedes ver como se fabrica a cocaína e de que está composta.
Bótanlle cemento, gasolina.. de todo.

jueves, 12 de marzo de 2009

Práctica 19

Mira o vídeo 1. Que valor ten a resistencia que aparece na imaxe?
Moi fácil pono como comentario e por favor pon as unidades

Proba 18: Que pasa?


Que pasa?
Cando funciona a luz de alarma? Por que?
Fai un comentario

viernes, 6 de marzo de 2009

Proba 17

Peggy Planner
Utiliza 100 LEDs como mínimo
Envíame a lista de LEDs e a imaxe
Fai unha captura de pantalla da imaxe e pégaa en Paint.
A lista de LEDs envíaa no texto da mensaxe do correo.
Envíallo todo adxunto ó correo da profe.

Proba 16


Busca vídeos en youtube ou en google vídeo relacionados coa tecnoloxía e cos procesos de fabricacións.
Escribe 5 enlaces e brevemente describe o proceso.
Envíallo ó correo da profe como word adxunto.

Así funciona a lavadora

lunes, 2 de marzo de 2009

Proba 14: Power point

Imos a empregar o power point para facer presentacións.
Características do traballo
Tema relacionado coa Tecnoloxía
10 diapositivas
Diseños e estilos diferentes
Insertar imaxes
Transición de diapositivas
Insertar sons e música
Insertar gifs animados
Personalizar as animacións
Gardar como ppt e como pps
As presentacións en power point colgaranse do slideshare para a materia de Tecnoloxía.

jueves, 12 de febrero de 2009

4ª ESO: Probas 13-15



Proba 13: despois de ler os apuntes fai o boletín 1 de Electrónica que a profe che enviou ó teu correo electrónico. Cando o remates envíallo de novo á profe. Pon en asunto: Proba 13.
Proba 14: Cómo se chama o compoñente electrónico que aparece neste debuxo da dereita? Escribe o nome completo como comentario a esta entrada. Pon o teu nome, non fai falla que poñas o curso. E por favor non lle chames lentejita que queda fatal.
Proba 15: Fai un comentario ás entradas deste blog tituladas "Apaguemos a luz" e "Reciclaxe do vidrio" Pon o teu nome e o curso.

martes, 10 de febrero de 2009

Reciclaxe do vidrio


O vídeo gañador. Enviouno Victoria de 3º PDC


Este é o segundo vídeo gañador da proba 8 de 3º ESO
É un anuncio que saliu na tele fai uns meses.

lunes, 9 de febrero de 2009

Apaguemos a luz



Cada vez que acendes unha bombilla estás facendo que saia fume por algunha cheminea (casi a metade da enerxía producida en España provén da enerxía térmica) e contribues ó cambio climático.
Os osos polares son unha das especies máis afectadas polo cambio climático e polo desxeo.
Apaguemos a luz.

viernes, 6 de febrero de 2009

4º ESO: Concurso Electrónica 1

Proba 12: Faremos o concurso en parellas e terá 5 probas diferentes.
1ª proba: montar un circuito electrónico (5 min)
2ª proba: Identificar diferentes compeñentes electrónicos
3ª proba: Password con vocabulario electrónico
4ª proba: Pasabalabra con vocabulario electrónico
5ª proba: Relacionar cada compñente co seu símbolo.

4º ESO: Repaso electricidade 3

Fai a Proba 11:
Hai que sabelo todo e TODO significa TODO. As unidades 1,2,3 e 4.
Cada unidade ten unha folla de avaliación que deberás facer.
Trátase dun repaso así que hai que facelo en unha ou duas sesións como máximo.

jueves, 5 de febrero de 2009

A Illa de Arousa


Espectaculares imaxes da nosa illa.

lunes, 2 de febrero de 2009

3º ESO: Materiais de construcción 4


Proba 11: estudia as propiedades mecánicas dos materiais, cando as sepas dillo á profe para que chas pregunte.Tes que acertalas todas.(5 puntos)
Proba 12:
Mira cómo se fabrican os seguintes productos e escribe un comentario do que máis che chamou a atención: aluminio, bolsas de plástico, (5 puntos)

Proba 13: Corta a madeira na dirección das fibras. (5 puntos)

miércoles, 28 de enero de 2009

Un rap de paz


Este rap titúlase "Di que no"
"Los ricos dividiendo a cañonazos el planeta"

martes, 27 de enero de 2009

O xogo da Paz

Proba 9: O 30 de xaneiro é o día da paz, para celebralo imos a facer un xogo, intenta contesar a tódalas preguntas correctamente.
O xogo chámase
"Vai estalar a Paz"
Cada proba superada simbolizará unha bomba que destruídes.
Proba 10: Cando remates envía unha frase pacifista a esta entrada como comentario. Escribe entre comiñas a frase e a continuación pon os teus datos.
Cada frase que enviedes simbolizará unha bomba que destruides.
Bombas destruidas por 3A: 160
Bombas destruidas por 3B:
Bombas destruidas por 3PDC:

lunes, 26 de enero de 2009

3º ESO: Materiais de construcción 3


Proba 6: Tes que conseguir rematar a proba en menos de 100 segundos. Se trata dunha proba difícil así que pon moita atención na sua realización. (5 puntos)
Proba 7: Responde ás seguintes cuestións e envíallas ó correo da profe. Pon en asunto: "Proba 7" e adxunta o documento que se deberá chamar tamén "Proba 7". Estache un pouco pesada a profe con este tema de "asunto" e "nome do documento" así que por favor faino ben!!! As preguntas deberán responderse nunha soa páxina dun documento de word, en galego por favor.
1. É o PVC perxudicial para a saúde?
2. De que está feito o vidrio?
3. Que material se emprega para fabricar superconductores?
4. Escribe as propiedades mecánicas dos materiais. Están na proba anterior. Só as definicións.
(5 puntos)

Proba 8:
busca en youtube un vídeo onde se fale da reciclaxe do vidrio. Puntuaranse as mellores búsquedas e porase neste blog o mellor. Esccribe o enlace como comentario a esta entrada (5 puntos, e o mellor se levará 10 puntos)

lunes, 19 de enero de 2009

3º ESO: Materiais de construcción 2

Acaba as tres probas anteriores, si é que todavía non as finalizaches, cando sexa así pasa ás seguintes probas.

  • Proba 4: Elexir o wordshoot e hai que chegar ó 5º nivel. (5 puntos)

  • Proba 5: prepara co programa Publisher unha portada para a 2ª avaliación da asignatura, onde conste; Tecnoloxía, 2ª avaliación, nome e epelidos, curso. (10 puntos)
Non te olvides de avisar á profe cando consigas superar cada proba para que che poña os puntos.

viernes, 16 de enero de 2009

4 ESO: Repaso electricidade 2

Moi fácil.
Accede ó seguinte enlace Probas 5-8 despois accede a ENTRETENIMIENTO e fai as diferentes probas.
Proba 5: Buscar dobles (hai que conseguilo con menos de 15 intentos)
Proba 6: Puzzle 1
Proba 7: Puzzle 2
Proba 8: Choiva de símbolos (8 puntos como mínimo)
Avisa á profe cando a cabes cada proba para que cho puntúe.
5 puntos cada proba.
Recorda que esto é un repaso de electricidade e que todo tería que estar asimilado xa dende o ano pasado.

viernes, 9 de enero de 2009

4º ESO: Repaso electricidade 1


Proba 1:
Hai que facelo en menos de 20 segundos. Avisa á profe cando o consigas. Son 5 puntos.
Proba 2:
Igual que o anterior
Proba 3:
Hai que responder de forma correcta ás 10 preguntas. Son 5 puntos
Proba 4:
Chega ó maior nivel posible. Como mínimos tes que chegar ó nivel 5.
Son 5 puntos.

3º ESO Materiais de construcción 1


Proba 1
Hai que facelo en menos de 30 segundos. Avisa á profe cando o consigas (5 puntos)
Proba 2
Contesta ás seguintes preguntas, tes que conseguir responder ás 10 preguntas de forma correcta. (5 puntos)
Proba 3
Hai que responder ás 10 preguntas de forma correcta para ter os puntos. (5 puntos)