miércoles, 23 de septiembre de 2009

Exercicio 1

REPASO WORD
Fai un traballo sobre un inventor en primeira persoa e en galego.
Condicións:
Portada + índice + 4 páxinas de traballo
con 5 imaxes
letra Berlin sans FB 12
Encabezado: Traballo de Tecnoloxía
Pe de páxina: Nome e apelidos e o número de páxina
Apartados do traballo: 1. Biografía (ano de nacemento e morte, pais de nacemento, profesión) 2.Outros datos de interese da miña vida 3. Inventos. 4. Invento máis importante
4º PDC
Eloy: Edison
Catia: Martin Cooper
Victoria: Galileo Galilei
Laura: Marie Curie
Diego Allo: Chistopher Cockerell
Daniel: Graham Bell
Diego Lojo: Nicholas Cugnot
David: John Logie Baird
4ºA
Rebeca: Thomas Adams
Lorena: Degri Armati
María: Marconi
Noelia: Gillette
Rita: Levi Strauss
Jennifer Fernández: Steven Paul Jobs
Estela: Bette Nesmith Graham
Laura: Christopher Sholes
Alba: Hans Lippershey
Jennifer Pouso: Alfred Nobel
Mayte: Emile Berliner
Ana: Humberto Fernández Morán
Miguel: Alessandro Volta
Envíallo á profe pon en asunto: Exercicio 1 e gárdao como exercicio 1.
Tempo para facelo: 3 clases

miércoles, 24 de junio de 2009

As profes de Tecnoloxía asinamos esta carta xunto con outras 17 compañeiras e compañeiros do IES Illa de Arousa.

"Durante estes días, a Consellaría de Educación veu de repartir, nos centros de ensino galego, un enquisa dirixida a pais e nais na que estas son preguntadas sobre a lingua na que queren que os seus fillos e fillas sexan educados. A Consellaría pretende utilizar esta consulta para decidir a súa política educativa en cuestión lingüística para os próximos anos.

Moitas son as cousas que sentimos perante este feito, as persoas que asinamos este escrito:

Sentímonos inquedas como integrantes da comunidade educativa da Illa de Arousa, pois nela nunca houbo problema de convivencia por causa das linguas que usamos. E sentimos a preocupación de que esta enquisa busque o abrollo da lingua como muro e non como ponte de comunicación, cultura e imaxinación.

Sentímonos desprezadas como profesoras, pois nós, parte integrante da comunidade educativa, non temos dereito a opinar sobre un tema que atinxe directamente ao noso traballo.

Sentímonos insultadas como profesionais, pois as enquisa enviada ás familias non se sostén pedagóxica, estatística, sociolingüística nin legalmente. Por suposto, non hai nada nin ninguén que garanta a limpeza do proceso iniciado.

Sentímonos avergoñadas, pois fomos utilizadas pola Consellaría que, facendo chegar ás familias a enquisa a través do noso centro, pretendeu darlle unha lexitimidade que a súa disposición falsa e tendenciosa lle nega.

Sentímonos improdutivas como traballadoras, pois esta enquisa bota por terra todo o labor de consenso levado a cabo no noso centro para sacar adiante o Plan Lingüístico de Centro.

Sentímonos ofendidas, ao comprobarmos que quixeron servirse das persoas que integran o noso equipo directivo para vixiar e denunciar ás propias compañeiras de traballo.

Sentimos que é rebaixado o noso alumnado, pois tampouco se lle permite opinar sobre un tema que afecta ao seu futuro.

Sentimos que son menosprezadas as familias do noso contorno, pois foinos prohibido informalas de todo canto implica esta enquisa, colocando como escusa a posíbel manipulación, como se pais e nais fixeran cegamente aquilo que o profesorado ordena, sen capacidade propia de decisión.

Sentímonos desautorizadas como integrantes do Consello Escolar, órgano lexítimo que representa a toda a comunidade escolar da Illa de Arousa, e ao que tampouco se lle deu opción a opinar sobre este asunto.

Sentimos carraxe as persoas castelán-falantes e as que estamos a iniciarnos no uso do galego, porque se pretende impedir que melloremos no uso dunha lingua que queremos aprender. Nós queremos ser bilingües.

Sentimos unha dor virulenta as persoas galego-falantes, pois dáse a entender que a lingua que nós usamos é inútil e dunha importancia inferior á castelá.

Mais tamén sentimos outras cousas.

Sentímonos contentas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria da nosa comunidade, de facelo crecer aprendendo en pé de igualdade galego e castelán, evitando que lles aconteza o que a moitas de nós, que pertencemos a unha xeración que non tivo a oportunidade de aprender nunha escola en galego nin o galego na escola.

Sentímonos orgullosas de traballar todos os días para que o plurilingüismo sexa considerado unha fortuna e non un atranco, por facer ver que as linguas sempre suman e que o único que resta son as actitudes antidemocráticas, manipuladoras, segregadoras e exclusivista".

martes, 16 de junio de 2009

Concurso Presume do Salnés


Bueno, non gañamos pero polo menos participamos. Outra vez será!!
Os gañadores foron o IES Francisco Asorey de Cambados, a verdade é que o vídeo está moi ben, accede ó enlace para velo.

viernes, 12 de junio de 2009


Chiste de El Roto. El Pais. 11.06.2009
Para que non se prolongue a vida útil das centrais nucleares en España.
A central nuclear de Garoña en Burgos "caduca" en xuño e todavía non se sabe si a van pechar ou non.

jueves, 11 de junio de 2009

Exames


3ºA: 17 de xuño
3ºB: 15 de xuño
3ºPDC: 16 de xuño
4ºA: 18 de xuño
4ºPDC: 18 de xuño
Entrega de proxectos a semana do 15 ó 19 de xuño.
O taller estará aberto nos recreos para que acabedes os proxectos.