lunes, 10 de enero de 2011

Proba 2

Atopa termos relacionados coa electrónica nesta sopa de letras. Hai 8 palabras.
Ábreo en Paint, faino nel e envíao por correo electrónico.

Proba 1

Entra no libro de texto multimedia. No apartado de Electrónica Analógica elixe Resistencia. Mira a versión libre.
Despois mira a versión dinámica e fai os exercicios. Non podes ter ningún fallo.
Usuario: alumno
Contrasinal: demo1218 ou demo2

jueves, 6 de enero de 2011

Día de Reis

Querido Melchor:
A verdade é que te portaches.
Estou encantada ca caixa grande de tila alpina caducada que me enviaches pero o mellor foi o detector de tacos, encantoume porque ten un alcance de 72 metros.
O luns que ven o probo no insti a ver cómo vai!!!
Moitas gracias.

martes, 4 de enero de 2011

Carta aos Reis Magos

Querido Melchor
A verdade é que creo que merezco que non me envíes carbón, ou polo menos non un saco grande.
O que quero é o seguinte, non te esquezas de nada por favor.
  • Preciso Tila alpina. Unha caixa ben jrande si pode ser.
  • Tela para facer pancartas (uns 240 metros estaría ben) con todas as reivindicacións dos alumnos. Que sempre lles digo que vou traer pancarta e nada, non lles levo nada.
  • Tamén precisaba unha cámara dixital para facer fotos ás posturas e a forma de sentarse ou columpiarse na silla, dos meus alumnos na clase. En calquer momento vexo a un facendo o espagat.
  • Quería una gravadora, para non ter que repetir sempre os mesmos discursos na clase. "Cómo fulanito/a? que tes que decir?" e cousas similiares que xa aburro. Así lle dou á gravadora, todos atentos e eu sin falar.
  • Unhas clases de ioga estarían moi ben.
  • E un sacho novo para que algúns que eu me sei o vaian estrear na horta por falar.
Bueno, que a ver que me traes.

Feliz 2011


Que raro que eu poña aquí a Macaco.
Feliz ano e a ver si vos portades un pouco mellor este ano novo!!
Feliz 2011 dende a chuviosa Pontevedra