Hoxe fai 25 anos que ocorreu a catástrofe nuclear de Chernobyl
No instituto fixemos unha performance en recordo ao accidente que provocou 200.000 mortos debido á radiactividade, e miles de persoas desprazadas.
En torno á central nuclear de Chernobyl non se pode vivir, nin tan sequera acercarse.
Fai 25 anos tivo lugar o desastre na central nuclear de Chernóbil.
A explosión do 4º reactor desencadenou unha reacción en cadena que ameazou con provocar unha segunda explosión ainda máis potente e que afectaría a media Europa. Un secreto que os soviéticos ocultaron vinte anos.
Durante 8 meses, uns 800.000 homes traballaron para acabar coa radiactividade construindo un sarcófago ao redor do reactor explosionado.
O impacto do accidente sobre a saúde das persoas e o medio ambiente continúan, na actualidade oito millóns de persoas viven en zonas contaminadas de Ucrania, Rusia e Bielorrusia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario