A verdade é que creo que merezco que non me envíes carbón, ou polo menos non un saco grande.
O que quero é o seguinte, non te esquezas de nada por favor.
- Preciso Tila alpina. Unha caixa ben jrande si pode ser.
- Tela para facer pancartas (uns 240 metros estaría ben) con todas as reivindicacións dos alumnos. Que sempre lles digo que vou traer pancarta e nada, non lles levo nada.
- Tamén precisaba unha cámara dixital para facer fotos ás posturas e a forma de sentarse ou columpiarse na silla, dos meus alumnos na clase. En calquer momento vexo a un facendo o espagat.
- Quería una gravadora, para non ter que repetir sempre os mesmos discursos na clase. "Cómo fulanito/a? que tes que decir?" e cousas similiares que xa aburro. Así lle dou á gravadora, todos atentos e eu sin falar.
- Unhas clases de ioga estarían moi ben.
- E un sacho novo para que algúns que eu me sei o vaian estrear na horta por falar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario